En negro, esiximos unha mudanza nas políticas e un compromiso de toda a sociedade para acabar coas violencias machistas.
Dende o camiño empeza agora, entendemos que, como comercio inserido na vida local compostelá, temos unha responsabilidade social. Por iso, un ano máis, sumámonos á campaña En Negro Contra As Violencias.
- Rexeitamos calquera forma de violencia contra as mulleres, así como as desigualdades e descriminacións de xénero que persisten na nosa sociedade patriarcal.
- Denunciamos que as situacións de risco para as mulleres se incrementaron por mor da pandemia (a causa das maiores dificultades para a autonomía económica, empobrecemento, desemprego, confinamento domiciliario…).
- Esiximos aos gobernos que destinen os recursos e servizos necesarios para a prevención e atención ás mulleres que sufren violencia ou discriminación.
- E defendemos que é necesario promover o empoderamento de nenas e mulleres e rematar cos estereotipos e roles de xénero.