18,00€ IVA incluido
A capital de Galicia é un universo de arte, patrimonio e historia. Este volume recolle os traballos de catorce recoñecidos historiadores da arte, integrantes do dinámico grupo de investigación “Iacobus” da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago.
2 dispoñibles
Este volume recolle as últimas investigacións sobre arte, patrimonio e historia da capital de Galicia do grupo “Iacobus” da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Está coordinado por Enrique Fernández Castiñeiras e Juan Manuel Monterroso Montero.
A capital de Galicia é un universo de arte, patrimonio e historia. Este volume recolle os traballos de catorce recoñecidos historiadores da arte, integrantes do dinámico grupo de investigación “Iacobus” da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago.
Son textos que penetran en aspectos inéditos do panorama artístico e monumental desta cidade. Penetran na escultura ou na arquitectura dos grandes monumentos de Santiago como a Catedral ou o Hostal dos Reis Católicos, viaxan polas artes plásticas da man de Dionisio Fierros ou Luís Seoane, evocan as orixes de Compostela, a tradición xacobea, o culto a san Pedro e san Paulo, ou as conexións de Santiago coa América hispana, entre outros temas.
Novas liñas de investigación para afondar no coñecemento dunha Compostela que foi definida como “mar de pedra” e “dinamizadora de Occidente”.
Peso | 0.205 kg |
---|
Somos unha empresa pequena e os nosos gastos de envío serán sempre calculados en función do peso dos produtos que seleccionas e o teu lugar de orixe. A medida que engadas produtos á túa cesta, poderás ir revisando o coste dos gastos de envío.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.