27,00€ IVA incluido
Un percorrido —ilustrado con cen fotografías— pola pegada que os dous apóstolos de nome Santiago (o Maior e o Menor) deixaron na iconografía de Compostela.
2 dispoñibles
Un percorrido —ilustrado con cen fotografías— pola pegada que os dous apóstolos de nome Santiago (o Maior e o Menor) deixaron na iconografía de Compostela.
Santiagos de Santiago. Dos apóstoles al final del Camino é o título da nova obra do catedrático de Historia da Arte da USC José Manuel García Iglesias. Neste volume, co-editado por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago, o autor leva a cabo un documentado percorrido (ilustrado con máis de cen fotografías) pola iconografía do culto xacobeo en Compostela e centrado en reivindicar a pegada dos dous apóstolos homónimos: Santiago o Maior e Santiago o Menor.
O culto a Santiago Zebedeo —ou o Maior— propiciou a construción da gran basílica compostelá, pero cando se estaba erguendo, chegou a esta urbe a cabeza de Santiago Alfeo —ou o Menor—, duplicando, de esta maneira e dalgún xeito, o ser xacobeo de Compostela.
Se o fillo do Zebedeo recíbenos no Pórtico da Gloria, é pola contra o fillo de Alfeo quen está na entrada da cripta, ou catedral vella. Do mesmo xeito, os máis grandes prelados de Santiago (Gelmírez, Landoira, Alonso III de Fonseca,…) fixeron especial fincapé neste dobre culto. Non obstante, o tempo fixo esquecer a Santiago o Menor, por mimetismo, en certa medida, co seu homónimo no apostolado.
Reivindicar a presenza compostelá de Santiago o Menor e, sobre todo, afondar na forma na que se interpreta aquí a Santiago o Maior, son os obxectivos desta obra.
Peso | 0.540 kg |
---|
Somos unha empresa pequena e os nosos gastos de envío serán sempre calculados en función do peso dos produtos que seleccionas e o teu lugar de orixe. A medida que engadas produtos á túa cesta, poderás ir revisando o coste dos gastos de envío.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.