20,00€ IVA incluido
Vieira natural enmarcada en vidro fundido. Cada peza é unica.
En o camiño empeza agora fuximos da vieira clásica como souvenir do peregrino, pero esta creación parécenos unha nova mirada e unha proposta creativa para todos aqueles que, unha vez feito o Camiño de Santiago, queren “atrapar” e gardar a experiencia. A cuncha de vieira é natural e está “atrapada” tamén no vidro fundido. Para colgar nunha parede ou buscar outras creativas exposicións.
1 dispoñibles

A vieira converteuse xa nun símbolo do Camiño de Santiago. Popularizouse a partir das peregrinacións nos séculos XI e XII. Existen diferentes teorías, mitos e lendas sobre a orixe deste símbolo. A máis aceptada é que a cuncha foi utilizada como un vaso natural perfecto: os peregrinos usábana para beber nos manantiais e os ríos no Camiño.
Tamén hai teorías máis simbólicas: para moitas tradicións antigas ten un carácter iniciático. Outras ven a vieira como símbolo de Venus, que representa o renacer da persoa, a súa resurreción. E Tamén hai lendas vinculadas aos milagres do Apóstol.
Deseño: Vitropía
Peso | 0.307 kg |
---|---|
Dimensións | 11 × 13.50 × 0.50 cm |
Somos unha empresa pequena e os nosos gastos de envío serán sempre calculados en función do peso dos produtos que seleccionas e o teu lugar de orixe. A medida que engadas produtos á túa cesta, poderás ir revisando o coste dos gastos de envío.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.