Foi un 23 de xuño cando arrincamos esta aventura. ‘O camiño empeza agora’ principiaba o seu andar unha noite de San Xoan, como fora unha noite de San Xoan a que nos acolleu na fin da nosa propia experiencia no Camiño de Santiago. Foi hai xa dous anos, en 2018, se ben aquel corazón xa latexaba dende había tempo. Esa noite saltamos a fogueira dos medos, rodeámonos da maxia dos amigos e pedimos novos desexos.
Dous anos e catro meses despois, botamos a andar a nosa páxina web e a nosa tenda online. Como daquela, tamén nos acompañan moitas dúbidas e incertezas. Son tempos nos que o medo aproveita as fendas para instalarse, nos que a enfermidade asolaga toda forma de optimismo. E, con todo, queremos ser fieis ao noso sentir: o camiño empeza agora, sempre é agora, se non é agora, cando?
Estamos agradecidos por todo canto temos aprendido neste tempo. Foron moitos os erros que cometemos, mais tamén moito o que aprendemos! Está a ser esta unha extraordinaria oportunidade de crecemento persoal, de moito traballo, de algunhas satisfaccións. Hoxe sabemos que as cousas levan o seu tempo, que hai que implementar sempre melloras, que de pouco serve preocuparse, senón que hai que ocuparse.
E con toda esta aprendizaxe e que está por vir, presentámosvos a nosa nova páxina web! Que vos parece?
2 Comments
La tienda, muy bien organizada, con buenos y muy variados productos.
Yo hice compra, es super rápido el transporte . Quedé muy contenta.
Os animo aque veais la página, q está genial y hagais compra.
Muchas gracias, Rosario!
Y gracias por comprar en o camiño empeza agora.
Jose de la Fuente