Jose de la Fuente
O Barrio de Cascallá, Rubiá
Como responsable da tenda, encárgome de ofrecer unha coidada e persoal atención a cada cliente. Encántame a atención ao público e satisfacer as demandas de quen nos visita que, en moitos casos, acaban por ser amigos. A vivencia do Camiño en primeira persoa permíteme ademais conectar coa emoción do peregrino e comprender as necesidades dos nosos clientes. Tamén me encargo de dar forma ao noso catálogo, de organizar os eventos e de facer os envíos da tenda online.
Isabel García Couso
Bueu, Pontevedra
Nun segundo plano, colaboro na selección das creacións do noso catálogo e boto unha man en todo canto poida facer falta. Con máis de quince anos de experiencia laboral como xornalista, encárgome de actualizar a nosa páxina web e de asesorar a Jose nas labores que teñen que ver coa nosa comunicación social.