As amigas de Café Peregrinos convidáronnos a unha charla para coñecer como foi a nosa experiencia no Camiño de Santiago e a orixe da nosa tenda, O camiño empeza agora.
Sempre dicimos que cada Camiño é único e cada peregrino vive a súa propia experiencia nese camiñar. A nosa, como moitos sabedes, foi transformadora e o comezo de moitas mudanzas nas nosas vidas.
As promotoras de Café Peregrinos quixeron coñecer un pouco máis da nosa historia. Esta iniciativa está comandada por dúas mulleres, Itzel e Wanda, que a través das súas redes sociais, queren converterse nun altofalante para os milleiros de experiencias que cada día se viven na peregrinaxe a Compostela.
E como a nós nos encanta compartir conversa e falar da nosa propia experiencia… non puidemos menos que prestarnos para participar nese bonito proxecto. Aquí vos deixamos o resultado desa entrevista, na que Jose fala da experiencia persoal no Camiño, da xénese de O camiño empeza agora e do significado do noso corazón.
Que vos parece?