O camiño empeza agora vén de participar na serie de ficción de Amazon Prime Video 3 Caminos. Grazas a esta colaboración, varias personaxes da serie locen camisetas e suadoiros co noso logo, o corazón, ao longo do seu percorrido polas diferentes etapas do Camiño.
Para todos aqueles que sintonicen coa idea que reflicte o noso logo e que queiran vestir coa camiseta ou suadoiro dos protagonistas da serie, poden adquirilos na nosa tenda online www.ocaminoempezagora.gal.
Dende o camiño empeza agora quixemos facernos un oco nesta ficción porque entendemos que, ademais de promover a ruta xacobea, comparte con nós a idea que representa o noso logo e o noso negocio. Así fala unha das súas personaxes no filme: “Cando chegas ao final do Camiño, daste conta de que este non é o final. Só é o comezo de algo novo (…) Co tempo lembrarás a pegada que che deixou (…) e que ocorra o que ocorra, debes de saber que nada termina, que todo volve comezar”.
Así nós, que compartimos a experiencia do Camiño, reivindicamos que a chegada a Compostela non é unha fin, porque o camiño sempre está comezando: o camiño (sempre) empeza agora. Iso mesmo é o que representa o noso corazón: que sente como se nutre das súas raíces; que ve medrar as súas ramas; mais que ten o seu sentir no punto equidistante, na rosa, no presente, no agora.
A serie, dirixida por Norberto López Amado e Iñaki Mercero, é a historia dun percorrido polo Camiño de Santiago a través de oito capítulos que reflicten tres momentos diferentes na historia vital dos seus protagonistas (Alex González, Verónica Echegui, Cecilia Suárez, Anna Schimrigk, Andrea Bosca e Alberto Jo Lee). A través da ficción podemos comprobar unha maneira de vivir o Camiño, que non é a única, porque cremos que cada peregrino vive a súa propia experiencia, o seu propio Camiño.
Tenda online de o camiño empeza agora, máis activa en tempos de pandemia
Este ano Xacobeo 2021 comezou de xeito inesperado para todos aqueles que amamos a experiencia do Camiño de Santiago. A situación sanitaria está a complicar non só a posibilidade de camiñar cara a Compostela senón a viabilidade de negocios como o noso, nacido hai xa hai case tres anos. Con todo, agardamos con ilusión volver recibir peregrinos no noso espazo da Algalia de Arriba e poder compartir con eles a emoción que supón a chegada a Compostela.
Mentres a situación non o permite, temos ao seu dispor a nosa páxina web e a nosa tenda online. Neste espazo dixital pódese adquirir unha boa parte dos artigos do noso catálogo: artesanía, gastronomía e literatura dos lugares polos que discorre o Camiño de Santiago. E por suposto, para aqueles que sintonizan co noso concepto, ofrecemos un amplo abano de artigos deseñados co noso logo, o noso corazón. Así, calquera pode levarse á súa casa unha camiseta ou un suadoiro como o que locen os protagonistas da serie 3 Caminos.