A plataforma dixital de Google que reúne as maravillas do mundo creou Bo Camiño! un percorrido dixital polo Camiño de Santiago onde temos o noso oco.
Camiños de Santiago hai moitos! Ben o sabemos os peregrinos! Agora Google ven de engadir un máis, o Camiño Virtual. A plataforma Google Arts & Culture elaborou o proxecto Bo Camiño!, unha iniciativa dixital que ofrece contidos vencellados ao Camiño de Santiago en 11 idiomas.
Estamos falando de 108 exposicións online, máis de 4.750 fotografías e gravacións, 15 paseos virtuais con panorámicas envolventes de 360 grados que amosan monumentos, cidades ou a natureza pola que transita a ruta milenaria. Tamén podes achegarte a algunhas historias do Camiño, recomendacións para transitalo, á arquitectura ou á unha selección musical.
Entre esa inxente recompilación de historias e imaxes, o camiño empeza agora tamén ten o seu oco. No apartado “Persoas que traballan no Camiño”, adícase un espazo a coñecer as experiencias persoais e profesionais de aqueles que teñen unha profesión ligada á ruta xacobea. E aí estamos nós! Jose explica como naceu O camiño empeza agora. Bótalle un ollo e dinos que che parece!