13,00€ IVA incluido
Este volumen recupera para o gran público o texto máis atractivo e popular do Códice Calixtino. Escrito a mediados do século XII, está considerado como a primeira guía de viaxes de Europa.
4 dispoñibles
O Códice Calixtino foi recoñecido pola UNESCO en outubro de 2017 como Rexistro da Memoria do Mundo polo que pasa a integrar un selecto grupo de documentos do patrimonio cultural mundial.
Este volumen recupera para o gran público o texto máis atractivo e popular do Códice Calixtino. Escrito a mediados do século XII, está considerado como a primeira guía de viaxes de Europa.
O autor, posiblemente un monxe peregrino, detense nos lugares, monumentos e xentes que atopa ao seu paso polo Camiño. Describe a cidade de Santiago de Compostela, e especialmente a súa catedral, dunha maneira única, detallada e suxestiva, que nos fará viaxar aos primeiros tempos das peregrinacións.
Esta nova edición en castelán, en formato de peto, foi preparada pola profesora María José García Blanco, quen partiu da tradución que, en 1951, levou a cabo, desde o latín orixinal ao castelán, Abelardo Moralejo, coa axuda de Casimiro Torres e Julio Feo.
Inclúe preto de 300 notas aclaratorias e prácticos índices de persoas e lugares.
Un tesouro, en fin, imprescindible para todos os amantes do Camiño, da cidade de Santiago e da cultura europea.
Peso | 0.280 kg |
---|
Somos unha empresa pequena e os nosos gastos de envío serán sempre calculados en función do peso dos produtos que seleccionas e o teu lugar de orixe. A medida que engadas produtos á túa cesta, poderás ir revisando o coste dos gastos de envío.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.