Estás á procura dun agasallo único e orixinal?🎁 Ven visitarnos a o camiño empeza agora!
Este Nadal aposta pola artesanía, literatura e gastronomía e achégate ao comercio local!
Un ano máis, propoñémosche unha orixinal cesta/caixa de Nadal 👇
Temos cestas e caixas gourmet para ese agasallo ideal para o Nadal ou para unha ocasión especial. Podes escoller os produtos que máis che gusten do noso catálogo e nós confecionámola ao teu gusto. Ou, se o prefires, podes escoller algún dos modelos que che propoñemos.
No caso de que optes por escoller ti os produtos podes seleccionalos totalmente de gastronomía ou incluso mesturalos con algún libro, unha pequena artesanía, uns calcetíns… E terás unha cesta totalmente personalizada adaptándose ao teu presuposto.
Se queres facer o pedido online, só tes que facer a túa selección de produtos e avisarnos por mail se prefires unha cesta ou unha caixa de cartón reciclado (o prezo final increméntase en 3 euros no caso da caixa e entre 7 e 9,95 euros dependendo da cesta). Se o prefires, podes chamarnos ou vir facernos o teu encargo presencialmente!
Consúltanos calquera dúbida!