Na mesma noite na que cumprimos dous meses, a maxia veu da man de Maite Mosconi evocando a Breogán e invocando ás meigas do Camiño. Grazas a todos por participar da primeira experiencia de Camiñando entre libros.
Deixámosvos aquí a convocatoria do que foi o noso primeiro evento. Iniciamos o programa de actividades CAMIÑANDO entre LIBROS, coa presentación e sinatura de Gaedheal, unha novela na que se mesturan historia e mitoloxía. Maite Mosconi explicounos a orixe e as longas travesías dos pobos celtas…