Dende o camiño empeza agora queremos convidarvos á inauguración da exposición Errantes (vagabundos), unha mostra da obra pictórica de Enric-Francesc Oliveras (Barcelona, 1971)
O artista, de formación autodidacta, vén de presentar unha primeira escolma dos seus cadros en Moaña (Pontevedra) e recala agora en Compostela cunha coidada selección do seu traballo. Partindo da base de que “non hai maior fracaso que unha pintura que non provoque”, ofrécenos uns lenzos que van dende violentos retratos, até detalles de expresión, acenos e enérxicas paisaxes.
Os seus personaxes son errantes, vagabundos… aqueles que camiñan na procura dun destino que non coñecen. Como camiña Enric cos seus trazos na busca daquel instinto que o levou a iniciarse na pintura na adolescencia. Os seus pasos condúceno hoxe a plasmar o detalle da emoción e a conmoción, sen evadir o sentimento de quen indaga no propio camiñar
Así foi a presentación: