Que podería acontecer un 27 de xuño de 2015 no Paseo do Malecón, nunha cea compartida por tres amigos da infancia, na terraza dun bar monfortino?
Pois que despois de dúas décadas elaborando cervexa, chegou o momento de converter a súa paixón en empresa. A experiencia, traballo e ilusión deste grupo cristalizou en Chacueca. Un proxecto empresarial destes xoves monfortinos, comprometidos coa tradición e coa súa cidade natal, que decidiron innovar para cambiar o concepto de cervexa artesá, abrindo novas espectativas para este sector.
E chegou o momento de vírnola presentar a o camiño empeza agora! Falamos cos creadores desta cervexa, das súas características, da súa elaboración… E por suposto, probámola!
Moitas grazas a todas e a todos pola vosa compaña. Os amigos de Chacueca regaláronnos todo un despliegue de información do mundo da cervexa, especialmente da artesá e moi especialmente de Chacueca e Mikado. Toda unha velada entretida, divertida e un deleite para o padal. Ata a próxima! Seguimos camiñando!