Dende o camiño empeza agora queremos celebrar o Día Internacional da Muller convidándovos á inauguración da mostra Mulleres, unha exposición de parte da obra pictórica de Belén Rodríguez Pazo (Melide, 1963).
A artista reivindica o universo feminino dende a súa propia inspiración e tomando a figura feminina como centro desta exhibición artística. A muller convértese en suxeito e obxeto desta mostra que poderá visitarse nas nosas instalacións durante todo o mes de marzo e abril.
Moitas grazas a todas as que quixestes acompañarnos na inauguración da mostra Mulleres, de Belén Rodríguez Pazo!
E aquí vos deixamos unha entrevista que nos fixeron en Radio Voz onde a artista explica o seu proceso de creación e inspiración