O relato adéntrase no inicio deste mundo no que as almas errantes camiñaban noite tras noite na procura de redención, ata que alguén as abordou na súa peregrinaxe… Benvidos á orixe dos pobos celtas.
Maite Mosconi é o seudónimo de Maite Pérez. Técnica cultural na Universidade de A Coruña, reside dende hai moitos anos na cidade de Santiago de Compostela. Despois de tomar a decisión de facer realidade o soño que tiña desde nena, escribir un libro, formouse e traballou o seu estilo. En 2018 publicou de maneira independente a súa primeira novela, Gaedheal, Libro 1 de las Invasiones, unha historia de fantasía ambientada na Galicia celta, que tamén tivemos ocasión de coñecer en o camiño empeza agora.
Así foi a presentación: