Despois do parón de actividades por mor da pandemia, dende ‘o camiño empeza agora’ queremos convidarvos á presentación da novela El amor es puro cuento, da escritora costarriqueña Evelyn Ugalde.
Evelyn Ugalde (Heredia, Costa Rica, 1975) é unha xornalista, escitora, editora e promotora cultural de Costa Rica, que está de paso por Galicia. Recibiu dúas veces o Premio Nacional Joaquín García Monge de divulgación cultural. É fundadora da Editorial Clubdelibros, especializada en literatura infantil e xuvenil e na promoción literaria. A este público están dirixidas a maior parte das súas publicacións. É autora de diferentes libros de contos: Cuando los cuentos crecen (Atabal, 2006); El mundo de Los amigos imaginarios (Clubdelibros, 2013); Los cuentos están locos (Clubdelibros, 2014). Ademais de participar en moitas publicacións colectivas e da súa obra no ámbito da promoción cultural, é a autora da novela El cuentasueños (Atabal, 2007) e agora vén de publicar a súa última obra: El amor es puro cuento (clubdelibros, 2021).
El amor es puro cuento é unha novela escrita a intervalos nos últimos 15 anos de vida da autora. A xeito de catarse, introdúcenos nunha historia no que hai moito de autobiográfico, e que relata as experiencias dunha muller solteira despois dos 30 anos. Con humor fálanos de citas amorosas, infidelidades, cibersexo… partindo da premisa de que todo na vida é un conto e que mellor conto que o do amor.
Data da presentación: Xoves 21 de Outubro
Hora: 20:00h
Lugar: o camiño empeza agora